¡Comienzan los exámenes! ¿Quieres sacar más rendimiento al estudio? Aquí os dejo buenos consejos para aprovechar al máximo el tiempo de estudio.
Es un artículo que escribí en la Revista Comunidade este mes.
Técnicas de estudio e estratexias de aprendizaxe
O coñecemento de un mesmo e mesma permite que como estudante se coñezan as distintas técnicas de estudio e cales son as máis axeitadas a cada situación para crear as propias estratexias de aprendizaxe. A aplicación destas estratexias permite sacar o máximo proveito das horas de esforzo e estudio. Aprender a estudar é similar a un adestramento físico: fai falla vontade, un bo adestrador e constancia. O obxectivo final é que o alumnado poida autorregularse e ser autónomo no seu aprendizaxe.
Atención e concentración
A atención e concentración depende de factores tanto externos como internos. Nos factores externos atopamos o lugar de estudio, o tempo, os ruídos ou molestias do exterior. Son factores fáciles de controlar. Pola contra os factores internos como as preocupacións, cansazo, nerviosismo,… poden resultar menos doados de controlar, pero non imposibles.
Algunhas estratexias para mellorar a concentración son:
- Tempos curtos – concentración moi alta. Identificar o alcance da concentración, o tempo que se pode adicar a unha tarefa sen perder a concentración. Este tempo pode ir aumentando progresivamente uns minutos cada vez que se volva a ela; de maneira que irá aumentando o alcance da concentración.
- Cando se sinta que diminúe a concentración establécese un obxectivo limitado concreto: unha páxina máis, dous exercicios máis, etc. A vantaxe desta estratexia é que o obxectivo a cumprir é un tarefa e non un período de tempo, feito máis doado de cumprir.
- As caídas de concentración solen producirse cando se está a facer algo que non é o suficientemente activo ou atractivo. É importante estar alerta con respecto a ti mesmo/a e detectar os baixóns de concentración e regresar á tarefa.
- Unha vez que se regrese ás tarefas deben acompañarse de actividades que axuden a aumentar a actividade no estudio: subliñado, resumen, parafrasear, asociacións con imaxes, esquemas, mapas,….
Estratexias de recollida e selección da información
- Toma de apuntes: O seu obxectivo é extraer as ideas máis importantes dunha exposición e sinalalas con claridade, orden e brevidade. Para elo é importante deixar marxes para anotacións, resumes ou gráficas. Utilizar unha letra clara e non abusar da abreviaturas que ás veces impiden a comprensión correcta, así como organizar visualmente as ideas con espazos, frechas, etc.
- Lectura comprensiva: Trátase dunha lectura lenta, profunda, reflexiva e exhaustiva. Nalgún casos é conveniente unha segunda lectura segundo a complexidade do texto. Na lectura é importante non deixar nada sen entender, pódese consultar o dicionario ou despexar as dúbidas co profesor correspondinte. Analizar as ilustracións e gráficas serve para favorecer a comprensión.
- Subliñado: É unha das técnicas máis tradicionais e coñecidas, e tamén das máis efectivas. Cinco condicións para un bo subliñado son:
- Nunca subliñar sen ler antes o texto; será imposible saber que é o importante do escrito.
- Non subliñar máis do 50% do texto, debe facerse unha selección segundo a importancia do contido.
- O subliñado debe ter sentido por si mesmo, non un sentido gramatical xa que faltarán artigos e preposicións pero debe ser comprensible.
- Utilizar un código persoal coma por exemplo:
__________________ ideas principais
– – – – – – – – – – – – – – – – – ideas secundarias
- Parafrasear nos marxes: Consiste en escribir nos marxes o tema ou subtema do que se estea a falar en cada parágrafo cun par de palabras clave que axuden a recordar o resto da información. Esta técnica combina selección, comprensión e subliñado; mediante a apropiación do texto coas nosas palabras préstase atención ao máis importante.
- Conectar partes do texto: Mediante liñas, cadros, círculos relacionar as palabras máis importantes do texto, las que dean a clave do contido do mesmo.
(….)